En xeral, o tamaño das empresas existentes nunha rexión considerase unha variable esencial do progreso económico, posto que os recursos materiais, humanos e financeiros que se precisan para o crecemento empresarial, só están a disposición de empresas dun determinado tamaño. O número de empresas medianas existentes en Galicia experimentou nos últimos anos importantes caídas, tanto en termos absolutos como en termos porcentuais de variación anual. Compre facer grandes esforzos para conquerir, de novo, empresas con tamaño suficiente para innovar e exportar de forma significativa.